Acerca de

Alpinismo e terreo de aventura.

Trepadas é un trebello (ou se cadra un enxendro -segundo mírese-) que naceu froito das facilidades que hai hoxe en día para ofrecer contidos por Internet.

Este espazo cibernético está adicado ó alpinismo e ó terreo de aventura na montaña. As trepadas -como eu lles chamo- son o mellor xeito de nomear e abarcar de forma xeral as actividades de escalada e de montañismo, que terán cabida nestas páxinas a través das experiencias vividas cos meus amigos e amigas.

As montañas nevadas, as montañas xeadas ou as montañas descarnadas -pero sempre a montaña- son os escenarios das actividades narradas nestes relatos; ás veces só descritas cunhas poucas fotos, e outras en cambio, moito máis detalladas.

A neve, o xeo e a rocha son os coprotagonistas das historias; e piolet, crampón, corda, cinta, cordino, fisureiro, “friend”, cravo, mosquetón, nó, arnés e casco, os imprescindibles instrumentos cos que escribi-las inmediatamente, antes de que, xa na casa, un se poña diante do ordenador, a ver fotos, anotacións e croquis, lembrando o acontecido para reconstruí-los relatos das experiencias vividas.

As vías de escalada nas paredes e montañas, xa sigan unha ruta que non leve ó cume ou conduzan ata o punto máis alto de calquera macizo, sempre son fermosas cando as percorremos coa emoción dunha primeira vez ou a incerteza de se seremos quen de acada-lo noso obxectivo. Mais son tamén ás veces, inquedantes, tenebrosas e perigosas, e sen embargo, paradoxalmente, iso fainas aínda máis atractivas. É por todo isto que xa sexan vías de escalada clásica, de deportiva, en xeo, en neve ou de mixto, todas elas teñen o seu espazo aquí.

Pero como na montaña non só se atopa -ou se busca- a dificultade, tamén hai tempo para outras historias de sendeirismo nas que percorrer calzadas, camiños, vieiros, sendas, carreiros ou rutas esvaecidas. E, chegado o caso, se hai que bota-la man ás pedras… pois faise; que un suave tránsito ó “trekking”, abrirano-las portas de novos espazos na natureza.

E en todo este continuo decorrer de vivencias na montaña, tanto porque miña memoria e feble, como porque das experiencias e información duns, outros aprenden e aproveitan, inclúo reseñas, croquis e datos,  uns elaborados  ou recopilados por min, e outros froito daqueles e aquelas que nos antecederon no percorrido polos lugares visitados.

En definitiva, este lugar no mundo web pretende ser un reflexo das historias vividas na montaña e unha crónica do paso por tantas rutas, vías, paredes, montañas, macizos, cordilleiras e lugares nos que montañismo, escalada e alpinismo decorren conformando… trepadas.

Ah, chámome Ricardo e prézome de ser, a moita honra, do Club Alpino Ourensán

Club Alpino Ourensán

Club Alpino Ourensán

E como son de Galicia,… uso o galego.

A verdade é que tamén querería utiliza-lo castelán, pero entre tanta ignorancia, xenreira e demagoxia globalizadora, homoxeneizadora e centralizadora, sinto que non me deixan outra opción que a de posicionarme claramente cun compromiso coa identidade cultural galega e da normalización da lingua.  E fágoo, co pesimismo de pensar que pese a todo, estes esforzos serán valdíos, e camiñamos irremisiblemente hacia a extinción da nosa cultura e sinais de identidade, nomeadamente a lingua galega.

Ogallá me equivoque e algún día poida volver a utilizar galego e castelán en pé de igualdade…

versión en castelán - versión en español - spanish version -

Alpinismo y terreno de aventura.

Trepadas es un invento (o a lo mejor un engendro -según se mire-) que nació fruto de las facilidades que hay hoy en día para ofrecer contenidos por Internet.

Este espacio cibernético está dedicado al alpinismo y al terreno de aventura en la montaña. Las trepadas -cómo yo las llamo- es la mejor manera de nombrar y abarcar de manera general las actividades de escalada y de montañismo, que tendrán cabida en estas páginas a través de las experiencias vividas con mis amigos y amigas.

Las montañas nevadas, las montañas heladas o las montañas descarnadas -pero siempre la montaña- son los escenarios de las actividades narradas en estos relatos; a veces sólo descritas con unas pocas fotos, y otras en cambio, mucho más detalladas.

La nieve, el hielo y la roca son los coprotagonistas de las historias; y piolet, crampón, cuerda, cinta, cordino, fisurero, “friend”, clavo, mosquetón, nudo, arnés y casco, los imprescindibles instrumentos con los que escribirlas inmediatamente, antes de que, ya en la casa, uno se ponga delante del ordenador, a ver fotos, anotaciones y croquis, recordando lo acontecido para reconstruir los relatos de las experiencias vividas.

Las vías de escalada en las paredes y montañas, ya sigan una ruta que no lleve a la cumbre o conduzcan hasta el punto más alto de cualquiera macizo, siempre son hermosas cuando las recorremos con la emoción de una primera vez o la incertidumbre de si seremos capaces de conseguir nuestro objetivo. Mas a veces, son también inquietantes, tenebrosas y peligrosas, y sin embargo, paradójicamente, eso las hace aun más atractivas. Es por todo esto que ya sean vías de escalada clásica, de deportiva, en hielo, en nieve o de mixto, todas ellas tienen su espacio aquí.

Pero como en la montaña no sólo se encuentra -o se busca- la dificultad, también hay tiempo para otras historias de senderismo en las que recorrer calzadas, caminos, cañadas, sendas, senderos o rutas difuminadas. Y, llegado el caso, si hay que echar mano a las piedras… pues se hace; que un suave tránsito al “trekking”, nos abrirá las puertas de nuevos espacios en la naturaleza.

Y en todo este continuo discurrir de vivencias en la montaña, tanto porque mi memoria es frágil como porque de las experiencias e información de unos, otros aprenden y aprovechan, incluyo reseñas, croquis y datos, unos elaborados o recopilados por mí y otros fruto de quellos que nos antecedieron en el recorrido por los lugares visitados.

En definitiva, este lugar en el mundo web pretende ser un reflejo de las historias vividas en la montaña y una crónica del paso por tantas rutas, vías, paredes, montañas, macizos, cordilleras y lugares en los que montañismo, escalada y alpinismo discurren conformando… trepadas.