Inicio > Escalada deportiva > Reina (Faro de Budiño). 25 de maio de 2013.

Reina (Faro de Budiño). 25 de maio de 2013.

2013 Maio 25

Fotos da Reina (Faro de Budiño). 25 de maio de 2013.A Reina, foi aberta en 1971 por A. Dourado e S. Suárez (segundo se indica na agotada Guía de escalada Galicia Vertical). Era unha vía para escalar en autoprotección, xa que ata agora só estaban equipadas as reunións e a placa do penúltimo longo. Sen embargo, como as fendas do primeiro e último longo son uns offwidth que requiren de macrofriends (Camalots do 4 ó 6) e que nelas abundaban a terra e maleza, practicamente non se escalou dende fai anos.

Pero fai algún tempo, Manolo de Lis botoulle o ollo e falou con algún dos seus aperturistas para ver se tiñan inconvinte en que se limpase e equipase, para que fose máis percorrida. De resultas delo, e coa axuda de David, empezaron a limpa-lo impracticable primeiro longo desta fermosa vía, no que a maleza e terra existente nas fendas impedía a súa escalada e unha vez convintemente axeitada en tódolos longos, o Comité Técnico de Escalada del Faro de Budiño, procedeu ó seu equipamento completo durante a fin de semana do 11 e 12 de maio de 2013.

E abofé que esta actuación tivo éxito! 🙂 Esta pasada fin de semana, xa fomos alomenos tres cordadas as que tiñamos pensado probala, ademais dalgunha outra que xa vin que tamén a fixo antes ca nós.

  • L1 empeza por fendas e placa (IV) e remata por unha fenda offwidth (V+), 11 parabolts.
    • A vía comeza pola misma entrada da Paxariños (no sector Carra), e agora empata os dous primeiros longos orixinais, nun único longo ata o remate do offwidth. Nós non fumos polo interior da fenda, senón polo seu canto. Como está pouco pisada, algúns pitóns romperon ó noso paso (a min coido que foi neste longo que casquei un, pero a Beni rompéronlle varios no primeiro e no último longo).
  • L2 empeza por unha placa en travesía (IV+) e segue por unha placa coincidente co último tramo do primeiro longo da Bésame Tonta (6a), 9 parabolts.
    • O segundo longo ten unha preciosa travesía horizontal que serve para cambiar de cara e logo segue por unha placa ata a reunión no comezo da fenda final.
  • L3 percorre ata o seu remate unha fenda offwidth (V), 7 parabolts.
    • O terceiro longo, percorre toda a fenda e pódese resolver polo seu interior (se dominades a técnica do empotre -eu… como que non…-, pola placa á dereita da fenda, ou (coma fixemos nós) en técnica de diedro ou X, é dicir medio corpo apoiado no lado esquerdo da fenda e o outro medio no dereito.

A vía pódese facer con corda de 60 m., está totalmente equipada con parabolts e tódalas reuniones son rapelables.