Tentativa fallida á Directa Hielo y Dulce, Ubiña. 11 abril 2017.
Chegaron as vacacións da Semana Santa e con elas a última oportunidade de usa-lo piolet e os crampóns nesta tempada. De primeiras nin pensara que houbese ningún corredor en condicións por Ubiña, pero a través do Facebook chegábanme novas de que a fin de semana anterior, as condicións resultaban ser excepcionalmente boas en varios deles, así que non podíamos deixar de comprobalo…
Saio de noite cara a Lugo para xuntarme con Manu, durmir unhas horas e arrancar de madrugón dende Lugo con idea de volver no mesmo día.
En Torrebarrio, ás 8 da mañá, o termómetro marca algo por embaixo de cero, e o a terra está reseca, así que non pintaba mal. Pero 2 horas e media despois, na entrada da canle, o primeiro resalte de rocha que dá comezo á vía está completamente seco e ó descuberto. Así e todo, xa que estamos aí… subimos tamén o corredor oculto, por unha neve boa, aínda que de tipo primavera, ata acada-lo ombreiro onde comezan os 2 longos de rocha.
A rocha non ten rastro de xeo, e o Manu di que o máis probable é que tamén falte o xeo nos resaltes superiores da vía, así que, como esta tempada xa está farto de practica-lo “herbing” por Ubiña, é mellor que nos retiremos…
Con tranquilidade descendemos e tomámonos con calma o regreso; polo menos, sobrouno-lo tempo desta vez 😉
Directa Hielo y Dulce (III/4, IV+, 80º, 550 m).
Lonxitude: 550 m.
Material: casco, crampóns, piolets técnicos, 2 cordas de 60 m., 4 ou 5 cravos, 4 ou 5 parafusos de xeo, xogo de fisureiros e xogo de friends pequenos e medianos.
Cordada: Manu e Ricardo.
Aproximación: dende Torrebarrio ata a base da vía polos Llanos del Fontán, leva un par de horas.
Descenso: polo canalón Sur.
Apertura e 1ª Ascensión: Segundo Téllez e Luis Casal, 29 de decembro de 1982.
Enlaces con algunha información en:
- Revista Desnivel nº 182.
- “57 Escaladas Invernales. Picos de Europa y Cordillera Cantábrica”. Francisco Alarcón, Salvador Muñoz e Miguel A. G. Crespo.
- http://enlavertical.blogspot.com.es/2014/03/a-pena-ubina-por-la-directa-hielo-y.html
- http://blogguienlavertical.blogspot.com.es/2009/03/directa-hielo-y-dulce-mdiv4-14032009.html
- http://martinmoriyon.blogspot.com.es/2014/03/hielo-dulce-en-ubina.html
- http://globerosenelmonte.blogspot.com.es/2014/03/cambio-de-planes-hielo-y-dulce-con.html